15 de marzo de 2016

Querido diario: Ata sempre! (03.03.16)

Ola a todos e todas, navegantes!
Esta é a derradeira entrada do meu caderno de bitácora con relación a “Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras”. Rematamos as sesións presenciais e non puido ser de mellor maneira. Nesta entrada farei unha reflexión final sobre esta parte da materia. Facede clic na imaxe para ler máis…

Querido diario: O CLIL é ou non é factible? (03.03.16)

Saúdos, navegantes!

Velaquí a entrada a penúltima entrada do blog, que consistirá nun comentario acerca da parte da sesión na que estivemos con Ana Fontenla. En concreto, tratará sobre a metodoloxía CLIL ou AICLE. A que fai referencia o termo CLIL? En que consiste? Que problemas e vantaxes pode presentar? Continuade lendo para coñecer a miña opinión.

13 de marzo de 2016

Querido diario: Reflexións finais (29.02.16)

Ola de novo, navegantes!

É día de despedidas. Como xa sabedes, esta foi a derradeira sesión con Carlos Valcárcel, na que tratamos o tema da avaliación. Pois ben, vou publicar unha entrada un tanto diferente, xa que no canto de realizar un resumo e reflexión sobre a sesión completa, vou incluír un comentario centrado nun único aspecto: na autoavaliación. Proporei distintas maneiras de facela, centrándome nunha. Ademais, farei unha breve reflexión a modo de autoavalicación sobre o meu paso polo Mestrado ao longo destes meses. Queredes continuar lendo? Adiante!

12 de marzo de 2016

Dossier: A avaliación (29.02.16)

Que é aquilo que se ve ao lonxe? Parece terra!

Benqueridos e benqueridas navegantes, parece que estamos a piques de chegar á fin da nosa travesía. Nesta entrada falaremos das actividades realizadas o día 29 de febreiro, a última sesión con Carlos Valcárcel. A sesión de hoxe centrouse no tema da avaliación e, en total, realizamos dúas actividades relacionadas. 

10 de marzo de 2016

Querido diario: Ler e escribir na L.E. (24-25 febreiro)

Navegantes! Ah, do barco!!

A entrada de hoxe será unha reflexión conxunta das sesións do 24 e 25 de febreiro, con Ana Fontenla e Luz Valencia, nas que tratamos principalmente a comprensión e produción escritas. Aproveitarei este espazo para reflexionar brevemente acerca de por que ao alumnado, por norma xeral, non lle gusta ler nin escribir na L.E. Ademais, darei a miña opinión sobre como creo que se podería solucionar.

28 de febrero de 2016

Dossier: The Elf Story (25.02.16)

Cambio de rumbo, navegantes!

A entrada de Dossier de hoxe vai ser un pouco diferente, xa que se trata dunha tarefa que nos encargaron de maneira conxunta ámbalas dúas profesoras da materia “Didáctica da Ensinanza das Linguas Estranxeiras”, Ana Fontenla e Luz Valencia. Debemos elixir unha proposta de actividade da páxina Lessonstream e darlle unha volta para adaptala ao noso gusto ou ás necesidades dun grupo-aula imaxinario. Que actividade elixín? Como é a adaptación que propoño? Para saber máis, continuade lendo…

27 de febrero de 2016

Dossier: Programacións didácticas (22.02.16)

Tarefas á vista, navegantes!

Vós, que estades seguindo o progreso da materia “Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras”, non tedes curiosidade por saber que actividades fixemos na sesión do 22 de febreiro? Que tema tratamos hoxe? Continuade lendo para saber máis.

26 de febrero de 2016

Querido diario: Achegar as programacións ao alumnado (22.02.16)

Ola de novo, navegantes!

Hoxe, o Diario servirame para reflexionar acerca dunha cuestión que xurdiu durante a sesión do 22 de febreiro, con Carlos Valcárcel. Desta volta a estrutura da entrada vai ser un tanto diferente: sen resumir sesión, xa que a entrada de Dossier permite facerse unha idea bastante completa do que fixemos na clase, pasarei a reflexionar e compartir con vós a miña opinión sobre a importancia de que os alumnos coñezan a programación didáctica da materia.