Saúdos, navegantes!
Velaquí vai a primeira entrada do Dossier sobre a
materia “Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras”. Tal e como aparece
explicado no Diario
do día 25 de xaneiro, este tipo de publicacións incluirán resumos, notas,
comentarios e reflexións acerca das actividades de aula realizadas nas sesións.
Hoxe, falaremos das actividades realizadas o día 25 de xaneiro.
En total, realizamos dúas actividades de aula, que poderemos empregar como futuras docentes e que teñen como obxectivo principal favorecer a comunicación entre os membros do grupo, ben a través de debate, coa “pirámide”, ou ben mediante un xogo de preguntas e respostas, con preguntas tipo “Wh- questions”.
A segunda actividade que realizamos foi unha pequeno xogo de preguntas e
respostas, divididos en equipos de 4 persoas. Cada grupo debía redactar 5
preguntas sobre os contidos tratados na sesión seguindo o modelo das “Wh-
questions”, é dicir, preguntando “que”, “cando”, “como”, “onde” e “por que”.
Despois, por quendas, os equipos debían interactuar, polo que formulaban ditas
cuestións e intentaban dar a resposta correcta.
En total, realizamos dúas actividades de aula, que poderemos empregar como futuras docentes e que teñen como obxectivo principal favorecer a comunicación entre os membros do grupo, ben a través de debate, coa “pirámide”, ou ben mediante un xogo de preguntas e respostas, con preguntas tipo “Wh- questions”.
En primeiro lugar, realizamos “a pirámide”,
unha actividade para ordenar certos elementos dunha lista segundo a súa
importancia chegando a un consenso entre todo o grupo-aula. No noso caso,
traballamos cunha lista de seis contidos da propia materia. Comezamos debatendo
en parellas para, despois, ir poñéndonos de acordo coas parellas do lado, ata
formar dous grandes grupos na aula. O último paso consistiu nun gran debate
entre os dous grupos a través de voceiros, que debían argumentar os motivos das
eleccións.
Chegamos a unha conclusión rapidamente, xa que a maioría coincidía en que a
cuestión máis importante que debe coñecer un docente é como planificar e
programar a súa materia. Por que? Porque a planificación é a base da que hai
que partir e inclúe tódolos demais aspectos da ensinanza. Ademais, grazas a ela
pódense acadar resultados dun xeito organizado, adaptándose ás necesidades de
cada grupo e contexto social, xa que permite reflexionar sobre o devir das
sesións e das actividades.
Esta actividade pareceume moi útil de cara a unha clase de idiomas ou
calquera tipo de materia, xa que, ademais de traballar as destrezas
comunicativas do alumnado dun xeito ameno e dinámico, ofrece a oportunidade de recapitular
e incluso reflexionar sobre os contidos vistos ao longo da sesión.
Falar nas clases de idiomas
Conseguir que o alumnado fale na lingua meta nunha clase de idiomas pode
ser un reto para os docentes. O medo a falar en público, a timidez, as dúbidas
gramaticais ou a falta de vocabulario son algúns dos motivos polos que moitos e
moitas se negan a abrir a boca diante dos compañeiros e compañeiras. Por iso
decidín investigar un pouquiño máis acerca deste tipo de metodoloxías para
crear debate na aula. Pois ben, como resultado da miña busca, atopei un
documento que me resultou interesante, “¿Cómo hacer hablar a
los/las alumnos/as en una clase de idiomas”, de Heike D. O. Nesta
publicación coméntase a importancia de traballar as destrezas comunicativas nas
materias de idiomas, xa que, por exemplo, aprender a falar na lingua meta é
fundamental para avanzar na aprendizaxe. Porén, o que máis me chamou a atención
do artigo foi a lista de actividades que se propoñen para poñer en práctica a
comunicación oral e os consellos que se ofrecen para que estas actividades
funcionen. Este pequeno listado está organizado por categorías: actividades con
transferencia de información, de resolución de problemas, baseadas na diferenza
de opinións, discusións e debates, xogos de rol e simulacións.
Como conclusión, gustaríame engadir que a miña opinión xeral sobre este tipo
de actividades é que poden resultar moi útiles nunha clase de idiomas, para
activar vocabulario e perder o medo a falar diante dos compañeiros e compañeiras dunha forma
divertida e nun ambiente agradable (e ata podería dicir distendido). Gustaríame
que ao longo das sesións desta materia de didáctica fixeramos máis actividades
e puxeramos en práctica outras metodoloxías deste tipo, xa que considero que nos
serán de axuda no noso futuro como docentes.
Que opinades vós, navegantes? Resultouvos útil esta
entrada? Tedes algún segredo para facer que o alumnado participe na aula? Coñecedes
máis actividades para crear debate na aula? Non teñades medo a falar e
compartide na sección de comentarios a vosa opinión.


Grumetilla!
ResponderEliminarSoy fan fan de la imagen de "Quién quiere ser millonario?"
He decidido que usaré Faitic para los comentarios académicos y los blogs para los comentarios más... míos, jajaja.
Ola, navegante!
EliminarAquí calquera comentario será sempre ben recibido.
Alégrame que che guste a imaxe, xa cumpriu a súa función!