27 de febrero de 2016

Dossier: Programacións didácticas (22.02.16)

Tarefas á vista, navegantes!

Vós, que estades seguindo o progreso da materia “Didáctica da ensinanza das linguas estranxeiras”, non tedes curiosidade por saber que actividades fixemos na sesión do 22 de febreiro? Que tema tratamos hoxe? Continuade lendo para saber máis.


A sesión de hoxe centrouse nas programacións didácticas. En total, realizamos tres actividades relacionadas con este tema: a primeira, mediante a técnica da pirámide, consistiu en chegar a un consenso sobre os tres puntos fundamentais que non deberían faltar nunha programación didáctica; a segunda, tratouse dun brainstorming sobre os documentos que se deben consultar para deseñar unha programación e, por último, para a terceira actividade tivemos que buscar un exemplo de programación, a través da páxina do buscador de centros da Xunta, e comprobar se aparecían nela tódalas seccións que deberían. Tras este breve resumo, inclúo un padlet para que visualicedes de maneira global as tres actividades, cos puntos máis relevantes de cada unha delas.


Enlace ao Padlet para vista panorámica



As actividades de hoxe permitíronnos ver as programacións desde unha perspectiva distinta. Ata agora, noutras materias, sempre vimos as programacións desde un enfoque máis teórico, centrándonos só nos requisitos da LOMCE. Isto é algo que hoxe tamén repasamos, pero ademais, prestamos atención á parte práctica, que desde o meu punto de vista, será a máis importante á hora de deseñalas para o docente. Agora contamos cun listado de documentos útiles e fontes que é preciso consultar para redactar unha programación. Así mesmo, sabemos cal é o aspecto dunha programación (ou varias) e cal é a súa estrutura, grazas á análise que realizamos na terceira actividade.

Ata pronto, navegantes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario