17 de febrero de 2016

Dossier: Healthy Lifestyle (04.02.16)

Bo día, navegantes!

Nesta entrada do Dossier vou facer a primeira de varias tarefas que realizaremos para a profesora Luz Valencia. Neste caso trátase de deseñar una actividade na que o alumnado traballe cando menos dúas competencias clave ademais da Competencia en Comunicación Lingüística. Velaquí vai a miña proposta!

A actividade que propoño permitirá traballar catro competencias clave (facede clic nelas para acceder a unha infografía explicativa):
  • Competencia en Comunicación Lingüística (CCL): xa que mobilizarán e aprenderán vocabulario na lingua meta, deberán comunicarse, escoitar atentamente e traballarán varias destrezas, expresión oral e escrita e comprensión oral e escrita.
  • Competencia Matemática e Competencias báscas en Ciencia Tecnoloxía (CMCT): porque deberán adquirir actitudes e valores relacionados con criterios éticos asociados ao campo da ciencia como a adopción dunha actitude adecuada para lograr unha vida física e mental saudable nun entorno natural e social.
  • Competencias Sociais e Cívicas (CSC): debido a que comprenderán e aplicarán códigos de conduta para traballar en equipo, comunicaranse de maneira construtiva e mostrando tolerancia, deberán tomar decisións en equipo respectando as diferenzas.
  • Sentido da Inicaitiva e Espírito Emprendedor (SIEP): xa que deberán actuar de forma creativa e imaxinativa ao mesmo tempo que aprenden a comunicar, presentar e negociar.
A continuación poderedes ver un prezi que explica a miña proposta para traballar os estilos de vida saudables nunha ou dúas sesións, dependendo do número de alumnos que haxa no grupo-aula. Este Prezi é a explicación da actividade, que se lle podería ir amosando ao alumnado a medida que van avanzando (pero non de golpe).



Paréceme que pode resultar unha forma interesante de traballar estes contidos na aula, pero, cal é a vosa opinión, navegantes? Como poderíamos mellorar esta actividade?
Ata pronto!

1 comentario:

  1. POderías mellorala si TODA a presentación está en inglés. Por que utilizar a L1 nas instruccións? Precisamente esa fase é onde está a comunicación máis real da actividade!

    ResponderEliminar