Hi, navegantes!
Que toca agora? A
segunda tarefa de Luz Valencia. Trátase de deseñar unha actividade para que os
nosos alumnos ficticios traballen a expresión oral. Continuade lendo para saber
máis…
O obxectivo principal é conseguir que o alumnado fale, que haxa
comunicación, que participe facendo preguntas e hipóteses, para o que vou
intentar xogar coa súa curiosidade utilizando unha foto miña. En segundo plano,
traballarase léxico. Cómpre explicar que se trata dunha actividade que se pode
adaptar a tódolos niveis, o único que se precisa para elo é aumentar ou
diminuír a complexidade das preguntas e escoller o tema da dramatización e o tempo
verbal co que se quere traballar: presente, pasado simple, continuo, futuro…
Brainstorm
My favourite food
En segundo lugar, a profesora dirá cal é o seu prato favorito e dará unha
razón. Con esa frase, comezarase un xogo no que cada alumno deberá repetir a
frase que mencionou o compañeiro anterior en terceira persoa e, a continuación,
cal é o seu prato favorito ou o prato que máis odian,procurando non repetir
pratos. Deste xeito, lembraremos a terceira persoa, que adoita dar problemas, e
veremos vocabulario de comida. Exemplo:
Teacher: My favourite food is sushi,
because I love exotic flavours.
Student 1: Her favourite food is sushi
because she loves exotic flavours. And I love pizza with cheese, because it is
very tasty.
Student 2: His favourite food is pizza with
cheese, because it is very tasty. But I love pasta with tomato sauce, because my
mother cooks it very well.
Role-play
Por último, deberán poñerse en grupos de tres ou catro persoas e improvisar
unha escena no restaurante da foto. Deberán imaxinar que dous deles son clientes
e un ou dous son camareiros. En primeiro lugar, deben elixir mesa (dentro ou
fóra) e dar unha razón. Logo, deben pedir algo para comer e beber.
Desgraciadamente, hai algún problema coa comida e deben chamar ao camareiro
para queixarse (deben mencionar problemas concretos: comida too cold, too hot,
inedible, to spicy, tasteless...). Para rematar, deben elixir un final para a
súa historia.
Segundo o tempo que reste de sesión e o estado de ánimo dos alumnos, pódese
sacar a algún grupo para que faga a representación diante dos compañeiros.
Paréceme unha forma entretida de practicar a produción oral e de
interactuar co resto de compañeiros. Para ser sincera, gustaríame intentar
poñela en práctica. Pensades que
funcionaría ben? Que podería facer para mellorala?

Encántame a actividade My favourite food. Si te das conta, é prácticamente un drill gramatical, pero cun elemento lúdico que o transforma por completo. Ademáis trabállase vocabulario dun xeito moi intensivo, os linkers (and, but, because...). Estupenda.
ResponderEliminar