22 de febrero de 2016

Dossier: Tarefa de produción oral (18.02.16)

Hi, navegantes!

Que toca agora? A segunda tarefa de Luz Valencia. Trátase de deseñar unha actividade para que os nosos alumnos ficticios traballen a expresión oral. Continuade lendo para saber máis…


O obxectivo principal é conseguir que o alumnado fale, que haxa comunicación, que participe facendo preguntas e hipóteses, para o que vou intentar xogar coa súa curiosidade utilizando unha foto miña. En segundo plano, traballarase léxico. Cómpre explicar que se trata dunha actividade que se pode adaptar a tódolos niveis, o único que se precisa para elo é aumentar ou diminuír a complexidade das preguntas e escoller o tema da dramatización e o tempo verbal co que se quere traballar: presente, pasado simple, continuo, futuro…



Brainstorm
En primeiro lugar, amosareilles a foto e faremos unha chuvia de ideas para describir que elementos aparecen nela. O obxectivo é activar vocabulario e ir espertando a mente. Poderá saír vocabulario de viaxes, turismo, estacións do ano, conversas no restaurante… A continuación centrarémonos máis en vocabulario do restaurante e alimentos. Sairán nomes de mobles do restaurante, verbos relacionados, nomes de pratos, probablemente de varios países.

My favourite food
En segundo lugar, a profesora dirá cal é o seu prato favorito e dará unha razón. Con esa frase, comezarase un xogo no que cada alumno deberá repetir a frase que mencionou o compañeiro anterior en terceira persoa e, a continuación, cal é o seu prato favorito ou o prato que máis odian,procurando non repetir pratos. Deste xeito, lembraremos a terceira persoa, que adoita dar problemas, e veremos vocabulario de comida. Exemplo:

Teacher: My favourite food is sushi, because I love exotic flavours.
Student 1: Her favourite food is sushi because she loves exotic flavours. And I love pizza with cheese, because it is very tasty.
 Student 2: His favourite food is pizza with cheese, because it is very tasty. But I love pasta with tomato sauce, because my mother cooks it very well.

Role-play
Por último, deberán poñerse en grupos de tres ou catro persoas e improvisar unha escena no restaurante da foto. Deberán imaxinar que dous deles son clientes e un ou dous son camareiros. En primeiro lugar, deben elixir mesa (dentro ou fóra) e dar unha razón. Logo, deben pedir algo para comer e beber. Desgraciadamente, hai algún problema coa comida e deben chamar ao camareiro para queixarse (deben mencionar problemas concretos: comida too cold, too hot, inedible, to spicy, tasteless...). Para rematar, deben elixir un final para a súa historia.
Segundo o tempo que reste de sesión e o estado de ánimo dos alumnos, pódese sacar a algún grupo para que faga a representación diante dos compañeiros.

Paréceme unha forma entretida de practicar a produción oral e de interactuar co resto de compañeiros. Para ser sincera, gustaríame intentar poñela en práctica. Pensades que funcionaría ben? Que podería facer para mellorala?

1 comentario:

  1. Encántame a actividade My favourite food. Si te das conta, é prácticamente un drill gramatical, pero cun elemento lúdico que o transforma por completo. Ademáis trabállase vocabulario dun xeito moi intensivo, os linkers (and, but, because...). Estupenda.

    ResponderEliminar