Novo día, nova
entrada!
Xa estamos de volta, navegantes. Hoxe recompilarei nesta entrada as
actividades que realizamos na sesión da materia “Didáctica da Ensinanza das
Linguas Estranxeiras” do día 15 de febreiro.
En primeiro lugar, realizamos unha actividade sobre os niveis de concreción
curricular. Divididas en grupos, debiamos relacionar unha lista de documentos
co nivel de concreción curricular ao que pertencen. A continuación, mostro o
cadro que obtivemos como resultado:
Chegamos á conclusión de que o primeiro nivel inclúe os documentos de base,
conxuntos de normas, leis orgánicas, decretos, etc. que veñen impostos desde
fóra do centro; por iso incluímos o MECR, que provén do Consello de Europa, e
LOMCE, do Estado (tamén poderiamos anotar “currículo da ESO”, porque está moi
marcado polo estado ou polas CCAA). O segundo nivel engloba aqueles documentos
que emite o centro e que dependen del, polo que podería incluír o currículo da
ESO, o PEC (Proxecto Educativo de Centro) e o PLC (Plan Lingüístico de Centro).
Logo, no terceiro bloque incluímos os documentos a nivel aula, como as
programacións de materia. Pola súa parte, o cuarto nivel de concreción
curricular fai referencia ás adaptacións para atender á diversidade ou para alumnado
con NEE.
Segunda actividade
A segunda actividade que realizamos na
clase estivo baseada na dinámica da pirámide. Comezando por unha reflexión
individual, para logo pasar a debater por parellas e acabar chegando a acordos
coa totalidade do grupo, debíamos dicir cales son as 5 actividades máis comúns
nas aulas de L.E. segundo a nosa experiencia. Esta é a lista que eu propuxen
nun primeiro lugar e que recibiu algunhas modificacións tras debater co grupo:
2 - Reading con test de comprensión
3 - Redaccións
4 - Ler en alto
5 - Canción para completar
É certo que houbo exemplos
illados de compañeiras que recordaban actividades máis dinámicas, como
practicar diálogos ou ver películas. Non obstante, comprobamos que case por
unanimidade, pese ás diferenzas de idade e incluso de país, o método que máis
destacou foi o de gramática-tradución. Hei de recoñecer que non esperaba que o
resultado do debate fose outro. Aínda que me serviu para ver que, ao cabo, todo
depende moito de cada profesor. Polo tanto, cando traballe eu como docente de
idiomas, a tónica de traballo dependerá de min mesma. O feito de que case todos
opten (segundo o resultado da actividade) polo método máis, digamos, tradicional,
non significa que sexa nin a mellor opción nin a única.
Terceira actividade
Máis adiante, en grupos, debíamos analizar o tipo de exercicios propostos nunha
parte dun manual
de francés para españois que sigue o método Perrier. Cada grupo debía
buscar as seccións onde se traballaba comprensión oral e escrita, pronuncia e
fonética, produción oral e escrita e, o que lle tocou ao meu grupo, gramática e
vocabulario.
Como resultado, atopamos que as seccións deste tema estaban destinadas na
súa maioría a exercicios e explicacións de gramática e vocabulario. Toda a
información pasa polo profesor e máis polo alumno, non se deixa espazo para a
creatividade, xa que tódolos exercicios de produción, tanto oral como escrita,
teñen unha estrutura moi pechada e están moi dirixidos. No referente á
comprensión, só se traballa o significado, mais non se avalía en ningún momento
a comprensión de textos. Ademais, aínda que había un exercicio de conversación
e de memorización dun texto para producilo de maneira oral, non se trataba en
ningún apartado fonética nin pronuncia.
Cuarta actividade
Esta última actividade foi moi parecida á anterior, só que neste caso cada
grupo debía analizar unha unidade didáctica e buscar todos os apartados: comprensión
oral e escrita, pronuncia e fonética, produción oral e escrita e gramática e
vocabulario. Esta
foi a unidade que lle tocou analizar ao meu grupo e estas foron as nosas
conclusións:
Este método poderíase considerar comunicativo, xa que dá bastante
importancia á produción, que primeiro se leva a cabo de xeito oral e, logo, por
escrito. Promove os diálogos con compañeiros e traballa fonética e pronuncia.
Ademais, poderíamos considerar que ten trazos de enfoque por tarefas e
nocional-funcional. Móstranse textos auténticos (carteis publicitarios), sen
adaptar a un ambiente pedagóxico. A gramática trabállase de maneira implícita e
indutiva, a través da práctica; porén, tamén hai explicacións
descontextualizadas de gramática explícita nalgunhas marxes das páxinas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario