Ahoy, navegantes!
Trala segunda sesión con Luz Valencia, é o momento
de compartir con vós unha segunda reflexión persoal. Nesta ocasión, a entrada
centrarase nunha idea que xurdiu na clase, que é que non existen compartimentos
estancos no ensino-aprendizaxe de idiomas. Continuemos.
O tema desta entrada podería ser a importancia de empregar material real nas sesións, a posibilidade de explotar a curiosidade que o alumnado ten de cara aos docentes e ao resto de compañeiros e compañeiras ou, tamén, sobre a idea de “minimax” para conseguir un máximo aproveitamento dos esforzos do docente, entre outras opcións. Non obstante, como podemos ver na imaxe do título desta entrada, o que máis me chamou a atención foi a inexistencia de compartimentos estancos nas clases de idiomas.
Como dicía a canción “Cinco sentidos tenemos, los cinco necesitamos”.
Cantas situacións se dan na nosa vida diaria nas que só teñamos que utilizar un
único sentido? Acaso cando falamos non escoitamos? Cando escribimos non lemos?
Cantas das tarefas que realizamos acotío involucran un só sentido ou unha soa
acción?
O mesmo que acontece na nosa vida, sucede nas clases de idiomas. Non é
posible traballar as destrezas ou as distintas competencias de forma illada.
Por que? Porque non existen compartimentos estancos. Tódalas destrezas, tódalas
competencias e, en definitiva, os coñecementos da lingua meta en xeral, están
interrelacionados dalgún xeito. Polo que sería un erro intentar dividir o curso
en sesións compartimentadas e, por exemplo, intentar centrar algúns días no listening ou no reading, ignorando que sempre traerán consigo actividades previas
ou posteriores de speaking, writing; como tampouco é posible
traballar vocabulario sen pararse na pronunciación ou a competencia lingüística
sen interacción.
Ao longo da miña etapa na ESO e no Bacharelato, en rara ocasión traballamos
tódalas destrezas nas clases de L.E. O máis habitual era que os profesores
centrasen cada clase en certas destrezas, deixando un pouco esquecido o speaking. Por suposto, había mestura de
destrezas e competencias, lembremos que as actividades de listening, por poñer un exemplo, sempre implicaban algún test de
comprensión ou exercicios relacionados, co que tamén se traballaba o reading, víase vocabulario, gramática,
etc. A miña impresión e a dos meus compañeiros, por aquel entonces, era estar
estudando unha materia máis do currículo con distintos temas e distintas
seccións, xa que faciamos varios exames por destrezas para os que nos iamos
preparando de xeito distinto. Dese xeito era moi complicado visualizar a lingua
meta como un todo, era difícil verlle a utilidade real e os coñecementos
aprendidos na aula tiñan pouco aproveitamento para a vida real.
Cal debería ser o noso obxectivo? Desde o meu punto de vista, deberiamos conseguir que os alumnos sexan quen de comunicarse na lingua meta e de comprender o que acontece ao seu redor. Por ese motivo, penso que o noso deber como docentes é adaptar as clases á realidade o máximo posible, deseñando actividades comprensivas que inclúan o máximo número de destrezas, xa que é a forma máis adecuada de dar unha formación global ao noso alumnado. Só compre imaxinar unha situación na que un estudante precise utilizar a lingua meta no futuro, é obvio que necesitará relacionarse co entorno e coas persoas que o rodeen, pode que estea nunha entrevista de traballo ou quizais lle fagan unha pregunta na rúa, se toda a súa vida traballou a lingua meta por destrezas, se nunca concibiu a lingua como un todo e se non recibiu unha formación global e completa, que dirá o alumno? “Desculpe, o que se me dá ben é o reading, non me fale, escríbame”?

Que pensades vós, navegantes? Os vosos docentes de
linguas compartían a opinión de que non existen os compartimentos estancos?
Saúdos e ata pronto!

Hola, Laura:
ResponderEliminarNo sabría contestar a tu pregunta porque nunca oí a ninguna de mis docentes de inglés (todas mulleres, sí) tocar ese tema en el aula. Al menos con mi favorita yo no siento que practicásemos las destrezas de forma aislada, sino que unas interactuaban con las otras (vamos, de lo que hablamos en clase).
Pero es cierto, non hai compartimentos estancos.
Penso que comprendiches perfectamente de que falo cando digo que non hai compartimentos estancos. De todos xeitos, claro que ás veces nos centramos máis nalgunha destreza que noutras ou poñemos máis énfase según o tipo de actividade. Por exemplo, cunha clase de 1º ESO, si empezas a traballar un tema novo (eg. Helthy eating), é lóxico que na 1ª sesión te centres en facer traballo de recuperación e adquisición de vocabulario (brainstorming, nubes de palabras, chuvia de imaxes...), no que traballas producción oral e comprensión oral básicamente, pero claro, cando apuntan as palabras novas no caderno xa escriben, e si lles pides que expliquen unha palabra (a piece of toast is a piece of bread that you put in the toaster to make it crunchy)están presentando vocabulario novo (toaster, crunchy, traballando gramática (relativo that, to infinitive for purpose..., e si a definición está na pizarra xa len!!
ResponderEliminar